lunes, 27 de febrero de 2012

Bicos de AMOR

Despois do ENTROIDO, comezamos falando de AMOR.
Outra emoción importante que non podemos esquecer no noso MAR DE EMOCIÓNS.
PICOLINDO contounos unha historia misteriosa sobre o amor.
PICOLINDO coñecía o AMOR aos pais, aos animais, aos amigos... pero un día recibiu unha CARTA DE AMOR dun descoñecido!!
Quen podería ser o seu ADMIRADOR SECRETO?

Cuento Sobre El AMOR

Na escola compartimos o noso AMOR con BICOS
Góstache?
Bicos de amor



domingo, 26 de febrero de 2012

EducaBarrié "Despertamos a las Artes 2012"

 Amalia, a nai de Martín A., mandoume unha información MOI INTERESANTE!!
A Fundación Barrié levará a cabo uns talleres que seguro despertarán os sentidos dos nen@s.

"Con Despertamos a las Artes, la Fundación se marca el objetivo de ofrecer una propuesta didáctica en la que bebés y niños de hasta 4 años disfruten de espectáculos creados para potenciar su sensibilidady se acerquen por primera vez al mundo de los títeres, la danza, el teatro y la música en un espacio escénico específicamente adaptado a ellos."

Preme aquí e ollea o enlace para ver máis información!!

Moitas grazas Amalia

viernes, 17 de febrero de 2012

A FESTA DO ENTROIDO

Hoxe foi un día emocionante!! 
Cando chegamos a escola de mañá non podíamos retener a nosa ALEGRÍA. Estábamos contaxiados da maxia do ENTROIDO!!
Este día de festa non sería o mesmo sen vós!! 
Grazas familias por acompañarnos no pasarúas por Bouzas!!  Por axudarme na tarefa atender os rapaces e conseguer que este día fose tan divertido!!
Grazas polo voso sentido do humor e por participar connosco na misión que TITO pediunos!! Converternos en pallasos da ALEGRÍA e trasmitila a toda as persoas da nosa contorna. 
Creo que o conseguimos!!!
Sodes MAGNÍFICOS!!
Mirade a presentación de imaxes do ENTROIDO e disfrutade do vídeo no pasarúas.
Outra vez, moitas grazas!!







miércoles, 15 de febrero de 2012

ESTAMOS DE FESTA...VIVA O ENTROIDO!!

Esta semana recibimos agasallos do noso amigo TITO en agradecemento por axudarlle na laboura de levar ALEGRÍA  o noso barrio.
O venres pasado encontramos nunha caixa as paxariñas e as narices do disfraz  


O luns encontrámonos cunha caixa chea de narices de pallaso, pelucas e sombreiros para disfrazarnos no tempo de lecer
Traballamos moito no noso disfraz.  
Encantounos pegarlle gomets os nosos zapatos...

 

Mirade que bonitos!!!
 Descubrimos o CONFETI...
E fixemos máscaras de EMOCIÓNS que mañá veredes na casa...
Lembrade que este venres festexamos o ENTROIDO e os rapaces non traeran merenda nin mandilón. Vendrán vestidos con pantis de raias e parte de arriba dunha cor. 
Esperamos ver a todas as familias connosco no pasarúas que levarase a cabo de 11:00 a 12:00h aproximadamente.
Saúdos 
Deixovos o programa do ENTROIDO
 

viernes, 10 de febrero de 2012

CHEGA O ENTROIDO


Esta semana fixemos un taller de cociña!!

Para festexar o Entroido cociñamos orellas. Foi moi interesante usar todos os nosos sentidos para dar forma a un postre típico do Entroido. Despois do traballo comémolas todas!! Estaban moi boas!! por iso o mércores a merenda foi de volta para casa!!
Grazas profe Ángela por ensinarnos a facer orellas de Entroido!!
Mirade a presentación e o vídeo do proceso...



O Entroido é especial, é máxico!!
Como imos ir disfrazados de pallasos da alegría para axudar a TITO a dar felicidade a toda a xente, estamos aprendendo moitas cousas sobre o "mundo do circo"




Aprendemos esta cantiga...
Non vos lembra recordos da infancia???



Estamos de festa e os animais tamén o festexan!!
Mira e escoita o vídeo do "carnaval de los animales"



Feliz semana de ENTROIDO!!
E non te esquezas de facerlle caso o Meco e traer o luns unha caveira de medo

lunes, 6 de febrero de 2012

ESCOLA para as FAMILIAS

De qué falamos na xuntanza do martes 31 xaneiro?
Algúns pais e nais tiñan interese en poder compartir coas familias os contidos dos que falamos na xuntanza. A min pareceume unha boa idea incluír no noso blogue un apartado sobre educación para os vosos fill@s que chamarase ESCOLA PARA AS FAMILIAS aberta a calquera suxestión que vos sexa de interese

Aquí vos deixo a presentación coa que falamos da importante labor da construción da personalidade na idade de 3 anos

Desarrollo de La Personal Id Ad Para Padres 3 Anos

Ademais destes contidos falamos de moitas cousas máis:

O ENTROIDO: lembrade que o vindeiro XOVES 9 traeremos a escola a camiseta decorada e os zapatos (poden ser tenis). Se o traedes dentro dunha bolsa co nome do nen@ facilitaríaisme moito o traballo!!




PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA: Unha nova ferramenta dixital que fomenta:
  1. A participación
  2. O desexo de aprender
  3. A comprensión de conceptos
O NOSO BLOGUE: Resolvemos dúbidas e suxestións recollidas nos cuestionarios:
  1. Incluín no blogue un email de contacto para suxestións
  2. Podemos subscribirnos o blogue para recibir as actulizacións no noso email
  3. Outros blogues como "AS TIC CON PICOLINDO" proporcionaránnos máis recursos dixitais: xogos, actividades....
  4. O final do curso entregarase un DVD con todas as fotografías e vídeos que podemos ver no noso blogue
 Espero que toda esta información sexa do voso interese